Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/51-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º oficina 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. e C.T. en San Roque-Cabreira A.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoio de formigón, desde o apoio 39 da L.M.T. xeral Salvaterra-Salceda ata o C.T. de Cabreira A, concello de Salvaterra de Miño. C.T. de 75 kVA, relación de transformación 15/20 kV-230/398 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2229