Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/130-2, 4821 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación en Ardiz.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 67 m, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-50, para mellora do servicio eléctrico en Ardiz, Concello de Castro de Rei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 10 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1287