Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1998, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de gasóleo para calefacción.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público:

1.- Obxecto: contratación da subministración de gasóleo tipo C para calefacción. O combustible destinarase ós centros dependentes desta xerencia.

2.- Nº de expediente: 2/1998 S.

3.- Orzamento: 4.000.000 de ptas. (IVE incluído).

4.- Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31-12-1998.

4.- Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5.- Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

6.- Solvencia económica e financeira: acreditarase conforme o disposto no apartado 8.1. da folla de especificacións que integra o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a presente contratación.

7.- Solvencia técnica: acreditarase conforme o disposto no apartado 8.2. da folla de especificacións.

8.- Criterios de adxudicación: os establecidos no apartado 7 da folla de especificacións.

9.- Documentación de interese para os licitadores: a documentación administrativa e técnica estará á disposición dos interesados na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26 - 1ª planta 36204 Vigo, teléfono: (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

10.- Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11.- Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26 - 6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día

natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

12.- Documentación que deberán presenta-los licitadores: a sinalada no punto noveno do prego de cláusulas administrativas particulares.

13.- Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario.

Vigo, 24 de febreiro de 1998.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo

2208