Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 2 de marzo de 1998, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución do recurso ordinario do expediente sancionador 070/97-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución do recurso ordinario do expediente instruído por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG Nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro - Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar ante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 070/97-LU.

Denunciado: Noutrans, S.L.

Enderezo: rúa Alberique, 25. Valencia.

Precepto infrinxido: artigo 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha (25.001) pesetas.

Recurso ordinario presentado o día: 16 de xullo de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatorio confirmando a sanción de vintecinco mil unha (25.001) pesetas.

Celeiro - Viveiro, 2 de marzo de 1998.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

2161