Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º Ofic. 2, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Circunvalación Salceda.
Situación: Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 773 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde unha torre existente da L.M.T. xeral Budiño-Salceda na derivación á L.M.T. San Xurxo e L.M.T. Parderrubias, rematando na L.M.T. xeral Salceda-Salvaterra, concello de Salceda de Caselas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 22 de xaneiro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
1985