Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4850 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica.

Peticionario: Sarripi, S.A.

Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctrica en industria agraria.

Características:

Anteproxecto

Central coxeración, motor combustión interna 712 kW de potencia.

Combustible gasóleo. Potencia xerador 838 kVA.

Orzament: 60.000.000 de pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegación consideren oportunas, nesta delegación provincial, Ronda da Muralla, 170, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 10 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1986