Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre a información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 97/293).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo social en Avda. de Arteixo, 171. 15008 (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Derifada de liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe na liña C.R. Linares Rivas. Praza de Lugo, 2 (Expte. 31400) e final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.T. Avda. de Linares Rivas 1, que se instalará.

Centro de transformación, en soto vivendas, de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en r/ Linares Rivas, 1. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 26 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

1999