Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos de obra.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xullo de 1996, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:

-Construcción do IES en Vila de Cruces (Pontevedra).

Adxudicatario: Constructora San José, S.A.

Orzamento: 325.497.000 ptas.

-Construcción do IES en Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Ramírez, S.L.

Orzamento: 392.390.755 ptas.

-Construcción do IES en Marín (Pontevedra).

Adxudicatario: Necso Entrecanales Cubiertas.

Orzamento: 212.886.074 ptas.

-Construcción do IES en Bueu (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Abal UTE Dicsa.

Orzamento: 214.600.000 ptas.

-Construcción do IES en Sarria (Lugo).

Adxudicatario: Teconsa, S.A.

Orzamento: 248.760.359 ptas.

-Construcción do IES na Pastoriza (Lugo).

Adxudicatario: Agroman, S.A.

Orzamento: 212.723.452 ptas.

-Construcción do IES en San Sadurniño (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Odein, S.L.

Orzamento: 163.626.803 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

2519