Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración e emisión dos recibos dos padróns municipais do Concello de Vigo.

1. Entidad adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Informática, Patrimonio e Contratación número de expediente 10996/240.

2. Obxecto do contrato: Descrición: subministración e emisión dos recibos dos padróns municipais do Concello de Vigo.

Unidades a entregar: 450.000.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: durante o ano 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 6.500.000 ptas.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexitro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono (986) 81 01 48. Fax (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: Entidade, domicilio e localidade: secretaría xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 2 de marzo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

2272