Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso público aberto, por trámite de urxencia, para a contratación da subministración e instalación dun guindastre de pórtico automotriz para embarcacións da zona sur de Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios Centrais do Ente Público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC.SUB-02/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación dun guindastre de pórtico automotriz para embarcacións para a zona sur de Portos de Galicia.

b) Número de unidades que se van entregar: 1.

c) Lugar de entrega: o sinalado para tal efecto polos técnicos competentes do ente público .

e) Prazo de entrega: 1 mes contado a partir do día seguinte ó do asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto

c) Forma: concurso público

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.100.000 pesetas (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 342.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación: 648.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, praza de Europa, 5 A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a data límite de presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación para presentar: a esixida no prego de cláusulas particulares.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.

A mesa de contratación reunirase ás doce horas do décimo día natural contado a partir do día seguinte ó de remate do prazo de admisión de ofertas deste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as doce horas do seguinte día hábil.

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios da sede central do ente o resultado da dita cualificación para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

1896