Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.836

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998 pola que se fai pública a lista de opositores que aprobaron o proceso selectivo para ingresar no Gabinete Técnico do CES-Galicia, convocado por Resolución do 14 de marzo de 1997.

De acordo coa base sétima da Resolución do 14 de marzo de 1997 pola que se convocan probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como expertos en materia socioeconómica con contrato laboral de duración indefinida, publicada no DOG do 21 de marzo de 1997.

O tribunal cualificador, na sesión 2/98, do 16 de marzo de 1998,

RESOLVE:

Publica-la lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo, de acordo coa base sétima da convocatoria.

Nome: Armesto Pina, José Francisco.

DNI: 36.105.000.

No prazo de vinte dias naturais, contados a partir daquel no que a lista de aprobados sexa publicada no DOG, o opositor aprobado deberá presentar no CES-Galicia, rúa Algalia de Abaixo, 24, planta primeira, os documentos especificados na base oitava da convocatoria.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1998.

Luis Caramés Viéitez

Presidente do tribunal

2149