Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

PROVIDENCIA.-INFORMACIÓN pública sobre o levantamento de actas previas á ocupación de bens ou dereitos afectados polas obras do proxecto de ordenación e defensa do medio natural na praia de Doniños.

Por Decreto 313/1997, do 30 de outubro, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, declarouse a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de execución do plan especial de protección

e mellora do medio natural na praia de Doniños.

Na súa virtude e en cumprimento do establecido no citado artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e concordantes do regulamento para a súa aplicación, sinálase a data para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, e para este efecto son convocados os propietarios e titulares dos predios afectados polas obras relacionados no anexo, para que o día 26 de marzo de 1998, ás 10 horas, comparezan no Concello de Ferrol, para efectua-lo levantamento das actas previas á ocupación, que deberá recolle-los datos necesarios para a valoración previa e oportuno prezo xusto destes, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se se considera necesario.

A relación de propietarios e titulares de dereitos dos predios que resultan afectados estará exposta con antelación mínima de 15 días á data do levantamento das actas previas á ocupación, no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol.

Ó dito acto, que lles será notificado individualmente ós titulares afectados, deberán asistir persoalmente ou ben representados polas persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podendo facerse acompañar á súa costa, se se xulga oportuno, dos seus peritos e notarios.

Ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, poderán os interesados, así, como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos que se omitisen na relación que estará exposta no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol, presentar por escrito cantas alegacións coiden oportunas, soamente para efectos de emenda-los posibles erros que se puidesen padecer ó relaciona-los bens ou dereitos que se afectan.

Ferrol, 27 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

ANEXO

PredioTitularEnderezoLugarSup./m

1Mancomunidade de Montes de San XurxoVila de Area (San Xurxo)Forno da Tella27.560
4Vizoso González, JoséA Unión, 22, baixo (Doniños)Forno da Tella293
5Regueira Hermida, Miguel ÁngelEmilia Pardo Bazán, 39-3º FForno da Tella1.665
7DescoñecidoForno da Tella6.382
8DescoñecidoForno da Tella785
9DescoñecidoForno da Tella1.221
10DescoñecidoForno da Tella1.134
12Louzán Torreiro, DoloresLópez Bouza, 32, baixo DForno da Tella2.038
14DescoñecidoForno da Tella1.352
15Núñez López, Manuel e outrosVila da Igrexa, 15 (Doniños)Forno da Tella916
17Oreona Beceiro, UbaldaVilar, 25, DoniñosTelleira509
19Rodríguez Martíñez, Ramón e outrosDescoñecidoForno da Tella654
20Santiago López, Manuel e outrosDescoñecidoForno da Tella698
26Lorenzo Sequeiro, ÁngelVilar, 14-1º (Doniños)Forno da Tella1.527
32Lorenzo Sequeiro, ÁngelVilar, 14-1º (Doniños)Forno da Tella430
33Díaz Fernández, EladioVila da Igrexa, 3 (San Xurxo)Forno da Tella75
34Casas González, JoséForno da Tella. OuteiroForno da Tella1.477
36Sanz Montero, Ángel e outrosAvda. Sta. Mariña, 42Forno da Tella501
37Romero Bouza, JesúsViv. Bazán rúa G 52, 1ºForno da Tella728
40Díaz Fernández, María Josefa e outrosCastellar, 1-1º D (Alacante)Telleira (Outeiro)2.618

PredioTitularEnderezoLugarSup./m

41García Díaz, María IsabelAvda. Castelao, 27-3º Esq.Forno da Tella410
42Tojo Pedreira, Juan AntonioLepanto, 3-7º BForno da Tella129
43Álvarez López, JuanPraza Canido, 1-2, 2º Esq.Frondales Tralo Outeiro356
46Muíños Pena, Juan AntonioReal, 65 entreplantaRegueira263
49Martínez Pardavila, JuanPraza España, 21-22, 2º Dta.Regueira271
50Gómez Díaz, ConsueloOuteiro, 17 (Doniños)Campos128
51Picallo Polo, Josefina e outrosDescoñecidoRegueira161
54Guimeráns Fernández, GuillerminaAlgalia de Arriba, 11-2º

Santiago de Compostela

Regueira1.496
56Gómez Díaz, ConsueloOuteiro, 17 (Doniños)Campos509
57Díaz Montero, CarmenDescoñecidoRegueira2.050
60Fernández González, LuisViv. Mar. Sta. Cecilia, 17-21 (Narón)Regueira1.018
62López Núñez, JoséVilar, 12 (Doniños)Regueira942
65Gómez Díaz, ConsueloOuteiro, 17 (Doniños)Outeiro23
66Quintela Varela, CiprianaAvda. Esteiro, 5-7, Esc. A, 2BOuteiro595
67Polo Gómez, MarioPoboado Iberduero (Petín)

32356 Ourense

Outeiro638

1938