Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Provincial de Cofradías de Pescadores (Acop).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997 do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados, ás 12 horas do día 20 de febreiro de 1998, a acta de constitución e os estatutos da Asociación Provincial de Cofradías de Pescadores (Acop), que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: Cofradías de Pescadores.

Asinan a acta de constitución: Antonio Arturo Insua Martínez e catro persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 23 de febreiro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

2353