Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto para redacción do proxecto de construcción do pavillón de internado e servicios de apoio do centro de educación especial Santiago Apóstolo (As Xubias-A Coruña).

-Obxecto: redacción do proxecto para a construcción do pavillón de internado e servicios de apoio do centro de educación especial Santiago Apóstolo.

-Orzamento: 19.310.110 ptas.

-Prazo de execución: 4 meses.

-Clasificación do contratista: exenta (cláusula 5 do prego).

-Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano), en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

-Presentación de proposicións: deberán presentarse, no prazo de 45 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, o por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte a aquel en que finalice o prazo de admisión de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

2047