Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/79-2, 4766 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. C.T. e R.B.T. Edificio Carballés, rúa Mar Cantábrico.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en conductor D.H.Z.1, 12/20 kV, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 400 kVA, rede de baixa tensión en conductor RV-0,6/1

kV de 3x150+95 Al, para Edificio Carballés e Frondosa, na rúa Mar Cantábrico en Lugo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 16 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1793