Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Chan do Boucigo-Cerdeira.
Situación: As Neves.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 39 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 8 da L.M.T. ó C.T. Cerdeira ata o C.T. que se proxecta en Boucigo-Cerdeira, concello das Neves. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 4 de febreiro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
1786