Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución de pase a subterráneo da L.A.T. de 132 kV Sabón-San Marcos entre os apoios 145 e 148 e entre os apoios 148 e 151, no concello de Culleredo. (Expediente 137/1994).

Vistos os escritos e a documentación presentados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con

enderezo para efectos de notificación en r/ Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 14 de outubro de 1994 a citada empresa solicitou, ó abeiro dos Decretos 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, a autorización administrativa das instalacións descritas no proxecto de execución: «Paso a subterráneo da L.A.T. de 132 kV Sabón-San Marcos

entre os apoios 151 e 148». Posteriormente, con data 28 de xuño de 1996 solicitou, ó abeiro da Lei 40/1194, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico, a autorización administrativa do proxecto «Paso a subterráneo da L.A.T. de 132 kV Sabón-San Marcos entre os apoios 145 e 148», a declaración de utilidade pública e a aprobación do citado proxecto.

As características técnicas básicas das instalacións son as seguintes:

-Entre os apoios 148 e 151: substitución de tramo aéreo pasándoo a subterráneo e cambiando a posición dos apoios 148 e 149, instalando dous pórticos metálicos fín de liña, unha autoválvula de 145 kV e 10 kA por fase noutro apoio e seccionador tripolar con p.a.t. de 145 kV nun apoio, conductores subterráneos a 1,5 m de profundidade e 300 mm de separación entre fases con cable Eprotenax 76/138 kV de 1x1.000 mm Cu + H50, de 302 metros de lonxitude por fase, no concello de Culleredo.

-Entre os apoios 145 e 148: substitución de tramo aéreo pasándoo a subterráneo, instalando dous pórticos metálicos fín de liña, unha autoválvula de 145 kV e 10 kA por fase nun apoio e seccionador tripolar con p.a.t. de 145 kV no outro apoio, conductores subterráneos a 1,5 m de profundidade e 300 mm de separación entre fases con cable Eprotenax D.H.V. 76/138 kV de 1x1.000 mm Cu + H50, de 950 m de lonxitude por fase, no concello de Culleredo.

Segundo.-Os citados proxectos de instalación sometéronse a información pública por resolucións da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 2-11-1994 e do 14-8-1996, publicándose nos Diario Oficial de Galicia do 22-12-1994 e 4-10-1996, BOP da Coruña do 30-12-1994 e 27-9-1996, xornal El Ideal Gallego do 7-1-1995 e 12-9-1996 e BOE do 4-1-1995 e 25-9-1996.

Durante os períodos legalmente establecidos non se formulou ningunha alegación.

Terceiro.-As solicitudes obxecto deste expediente recibiron informe favorable da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en

materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria primeira e no apartado segundo da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/68, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º Autoriza-la instalación de paso a subterráneo da L.A.T. de 132 kV Sabón-San Marcos entre os apoios nº 151-148 e entre os apoios 145-148, no concello de Culleredo.

2º Aproba-los proxectos de execución das citadas instalacións.

3º Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos do disposto no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1785