Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Allo III.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 36, Cambados B.
Data da concesión: 11-3-1964.
Data do remate da última prórroga: 15-4-2004.
Anteriores concesionarios: Cores Viñas, Joaquín (35.333.228) e Dios Fernández, Carmen (35.400.499).
Novos titulares concesión: Cores Dios, Joaquín-Luis (35.462.199); Cores Dios, Tomás (35.428.608) e Lojo Rial, Sara (35.442.647).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como no cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 17 de febreiro de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)
2022