Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 11 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación dos acordos de incoación dos expedientes sancionadores de sanidade alimentaria 87/97 e 1/98.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que se identifican cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación das resolucións de incoación dos expedientes sancionadores nº 87/97 e nº 1/98, por infracción ó D. 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. Os interesados dispoñen dun prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-los escritos de alegacións, así como propoñe-los medios de proba que consideren oportunos, segundo o preceptúa o artigo 16 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade

sancionadora.

1. Expediente sancionador nº 87/97.

Denunciada: María Teresa Castelao López.

DNI: 10.059.378-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Panamá, nº 5, Ponferrada (León).

2. Expediente sancionador nº 1/98.

Denunciada: Elena Padrón Vázquez.

DNI: 34.904.414-M.

Último enderezo coñecido: rúa Ecuador, nº 62-2º, Vigo (Pontevedra).

Ourense, 11 de febreiro de 1998.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense

2125