Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/30-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.BT.S. en edificio R7 del polígono das Fontiñas.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 155 m de lonxitude con orixe na liña San Caetano-As Fontiñas I (expediente 52530) e final en C.T. que se vai instalar en edificio R 7.3 do polígono das Fontiñas-Centro de transformación no baixo do citado edificio, de 1.000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede subterránea de 840 m. Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 16 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

1778