Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/19-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Santo Antonio.

Situación: municipio de Malpica de Bergantiños. A Coruña.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 150 m de lonxitude en conductor R.H.V.

12/20 kV de 150 mm en Al que parte da L.M.T. Punta Plancha e final no C.T. que se vai construír tipo prefabricado de 400 kVA en r/ Santo Antonio. Municipio de Malpica de Bergantiños.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

1630