Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/311-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T. V. Varela-Choróns.

-Situación: Vigo.

-Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV de 685 m. de lonxitude con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. V. Varela rematando no C.T. de Choróns, concello de Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 4 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

1783