Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.715

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 5 de marzo de 1998 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

1º Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

2º Poderán concorrer a el os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

3º As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

4º Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

5º Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, ou que estea nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, tramitaráselle o seu destino a esta Comunidade Autónoma e, unha vez, concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado.

6º A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

7º O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do

novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

8º Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, comunicándolle previamente a esta Consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

-Denominación posto: Servicio de Formación e Colocación.

Código: FA.C99.10.000.15001.124.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.405.476.

Grupo: A/B.

Corpo/Escala: xeral/especial.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: A Coruña.

-Denominación posto: Servicio de Xuventude.

Código: FA.C99.10.000.27001.046.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.405.476.

Grupo: A/B.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Lugo.

-Denominación posto: Servicio de Formación e Colocación.

Código: FA.C99.10.000.27001.059.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.405.476.

Grupo: A/B.

Corpo/Escala: xeral/especial.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Lugo.

-Denominación posto: Sección Administración e Habilitación.

Código: FA.C99.10.000.36560.064.

Nivel: 24.

C. Espec.: 1.037.580.

Grupo: A/B/C.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade:Vigo.

-Denominación posto: Servicio de Formación e Colocación.

Código: FA.C99.10.000.36560.093.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.405.476.

Grupo: A/B.

Corpo/Escala: xeral/especial.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Vigo.

ANEXO II

Nota: úsese o publicado na páxina 2.714.

2002