Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.696

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Congalsa.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Congalsa que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30-12-1997, e posteriormente rectificado con data 21-1-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polos delegados de persoal o día 17-11-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xaneiro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo Congalsa

Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación na empresa Congalsa S.A., situada na rúa Deán Pequeno 117, Ribeira, A Coruña, dedicada á actividade de elaboración de pratos precociñados.

Ámbito persoal.

O presente convenio afecta á totalidade do persoal de Congalsa, S.A., existente no momento do asinamento del, así como ó que ingrese posteriormente na empresa, con exclusión do que se enumera no artigo 2.1.A.

Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de novembro de 1997 cun período de duración de 4 anos e o conxunto do articulado manterá a súa vixencia mentres as partes non acorden modificalo.

A duración deste convenio fíxase en 4 anos, contados a partir da antes expresada data de vixencia,

entendéndose prorrogado, de ano en ano, mentres que por calquera das partes non sexa denunciado con 3 meses de antelación, polo menos, ó seu remate ou prórroga en curso. Se as conversas ou estudios se prorrogasen por prazo que excedera do da vixencia do convenio entenderase prorrogada esta ata que entre en vigor o novo convenio.

Queda regulado no presente convenio as subidas salariais durante os 4 anos de vixencia del, da seguinte maneira:

-Ano 1998: fixarase como tipo de subida o IPC previsto máis dous puntos.

-Ano 1999: fixarase como tipo de subida o IPC previsto máis un punto.

-E para os anos sucesivos o tipo de subida é fixado polo IPC previsto unicamente.

Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas.

Os que viñeran desfrutando dalgunha ou algunhas condicións máis beneficiosas cás que aquí se establecen, deberán conservalas e non poderán ser nin absorbibles nin compensadas.

Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por dous membros de cada unha das partes social e económica. Pola parte social comporase de 2 delegados de persoal.

Cando para a resolución de calquera asunto non exista acordo, as partes comprométense a acudir ó AGA, con carácter previo ó inicio de calquera acción xudicial, nos tribunais da xurisdición social.

Disposicións xerais.

As clasificacións do persoal consignadas neste convenio son meramente enunciativas e non supoñen a obriga de ter provistas tódalas as prazas, oficios e ocupacións que despois se enumeran se as necesidades e volume da empresa non o esixen.

Son, así mesmo, enunciativos os distintos cometidos asignados a cada categoría ou especialidade, pois cando as necesidades da industria o requiran, os traballadores que non tiveran ocupación nas funcións habituais sinaladas á súa clasificación e categoría laboral poderán ser destinados a realizar outros traballos propios do grupo de fabricación a que pertenzan.

Contratación.

A empresa Congalsa, S.A. é consciente dos acordos sobre a estabilidade no emprego asinados recentemente polos representantes sociais e a patronal e, para tomar parte neles dunha maneira activa e non meramente testemuñal, comprométese a observa-las directrices acordadas a nivel interconfederal, así

como a elevar de maneira progresiva a contratación indefinida, para iso obrígase a ter dentro do seu cadro de persoal e desde a publicación do presente convenio un 35% de contratos fixos ou fixos descontinuos podendo incrementa-la dita porcentaxe en función da producción e da boa marcha económica da empresa.

Poderanse realizar contratos de traballo de duración determinada, tal e como establece a lexislación vixente coas seguintes peculiaridades:

a) Poderanse realizar contratos de formación para tódalas categorías profesionais.

Os traballadores que se acollen a esta modalidade contractual deberán ser maiores de 16 anos e menores de 21 anos que carezcan da titulación académica requirida para realizar un contrato en prácticas. O salario destes traballadores será o SMI e a duración non poderá ser superior a dous anos.

b) Os contratos en prácticas deberán aterse á lexislación vixente.

c) Poderanse facer contratos para obra ou servicio determinado cando exista dentro da empresa unha obra con substantividade propia e distinta das tarefas xerais de producción da empresa. Será necesario establecer con claridade e de forma específica a causa que dá orixe a tal contrato eventual.

d) En canto ós contratos eventuais por circunstancias da producción deberán denotar unha acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, establecéndose a súa causa de forma expresa e explícita. A imprevisibilidade será a nota que defina este tipo de contratación. A súa duración será de 6 meses dentro dun marco temporal de 12 meses.

e) A contratación indirecta queda restrinxida ó 15% do cadro de persoal ó longo do ciclo económico.

f) Poderanse realizar contratos fixos descontinuos segundo a lexislación vixente.

En cada suspensión de traballo do traballador fixo descontinuo non se considerará extinguida senón tan só interrompida a relación laboral, e ó seren estas suspensións derivadas da falta de regularidade no traballo consubstanciais ó desenvolvemento da industria, non se considerarán estas debidas á concorrencia de causas económicas ou tecnolóxicas. As suspensións doutro carácter terán a regulación establecida na normativa vixente para cada caso.

Os traballadores fixos descontinuos deberán ser chamados cada vez que se vaian levar a cabo actividades para as que foron contratados, aínda cando, e dado o carácter propio da industria, o chamamento do persoal fixo descontinuo poderá facerse gradualmente en función das necesidades que esixa en cada momento o volume de traballo que se vaia desenvolver e deberá efectuarse dentro de cada especialidade por orde relativa e sucesiva de antigüidade e categoría, de modo tal que cumpran tódolos traballadores o mesmo período útil de traballo ó cabo

do ano, computando este a partir da iniciación das actividades en cada temporada de traballo. Se polo carácter da propia industria no seu desenvolvemento, a un grupo de traballadores lle faltasen días de traballo para cumpri-lo mesmo período útil dos outros grupos anteriormente chamados, este grupo afectado será o primeiro en ser chamado, de modo tal que se produza a compensación necesaria para que se dea a circunstancia de igualdade establecida. A continuación iniciarase a quenda de chamamento pola orde establecida neste apartado.

O chamamento ó persoal efectuarase mediante a oportuna comunicación que vai practicarse de forma comprobable e o traballador terá un prazo de 72 horas dentro das cales pode incorporarse ás tarefas.

En caso de incumprimento da modalidade deste chamamento, o traballador poderá presentar reclamación por despedimento perante a xurisdicción competente iniciándose o prazo para iso desde o día que tivese coñecemento da falta da convocatoria.

Para constancia do traballador, no taboleiro de anuncios da empresa, irase situando a relación de productores chamados en cada momento para que todo traballador poida comprobar que se respecta a orde relativa e sucesiva de antigüidade á que se fixo referencia.

En cada suspensión de traballo, como se expresou, non se considera extinguida a relación laboral, senon tan só interrompida.

Para que produza efectos a suspensión do contrato, esta deberá serlle notificada ó traballador por escrito e xustificando nel a necesidade da suspensión.

Acreditarase a circunstancia tal cal vén facéndose ata o momento, por certificación da confraría de pescadores, cámara de comercio, agrupación de productores, etc.

En todo caso, de cada suspensión dará conta cada empresa á representación sindical existente nela.

Os traballadores fixos descontinuos terán dereito preferente por orde de antigüidade a ocupa-las vacantes do persoal fixo de carácter continuo que se produzan no respectivo grupo ou especialidade.

Non se poderá suspende-la actividade de traballadores fixos descontinuos mentres permanezan en alta na empresa productores contratados con carácter temporal, a menos que os traballadores fixos descontinuos pertenzan a unha actividade distinta á dos traballadores contratados temporalmente, tal e como se definirá segundo as seccións para as que foran contratados.

As empresas, o día anterior ó chamamento, presentarán nas oficinas do INEM unha relación dos traballadores chamados, a cal será visada ou selada no acto e esta exporase no taboleiro de anuncios dos correspondentes centros de traballo, enviándose unha copia desta ós sindicatos asinantes do acordo.

Nesta relación constarán os seguintes datos:

Nome da empresa.

Número da Seguridade Social.

Nome e apelidos do traballador ou traballadora.

Documento nacional de identidade e número da Seguridade Social do traballador/a.

Número de días traballados nos últimos cinco anos de forma separada.

Período de proba

O ingreso dos traballadores considerarase feito en período de proba se así consta por escrito. O dito período de proba será variable segundo sexan os postos de traballo que se vaian cubrir e que en ningún caso poderá exceder do tempo fixado na seguinte escala:

Persoal titulado: 4 meses.

Persoal non titulado: 3 meses.

Persoal administrativo: 2 meses.

Especialistas e peóns: 15 días.

Durante o período de proba, a empresa e o traballador poderán resolve-lo contrato de traballo sen prazo de aviso previo e sen dereito a ningunha indemnización.

Transcorrido o período de proba sen que se produza desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo de servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa.

Salvo pacto en contrario, a situación de IT que afecte ó traballador durante o período de proba interromperá o cómputo del, que se reanudará a partir da data de reincorporación efectiva ó traballo.

Ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte.

a) Os ascensos dos traballadores a postos de traballo que impliquen mando ou confianza será de libre designación pola empresa.

b) Para ascender a unha categoría profesional superior estableceranse sistemas de carácter obxectivo, tomando como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

Titulación adecuada.

Coñecemento do posto de traballo.

Historial profesional.

Ter desempeñado función de superior categoría profesional.

Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, que serán adecuadas ó posto que se vai desempeñar.

En idénticas condicións de idoneidade, adxudicaráselle o ascenso ó máis antigo. Os representantes legais dos traballadores controlarán a aplicación correcta do anteriormente sinalado.

Cesamentos voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa estarán obrigados a poñelo en coñecemento desta, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

Persoal titulado: 2 meses.

Persoal técnico non titulado e administrativo: 1 mes.

Persoal subalterno, profesionais e peóns: 15 días.

A inobservancia do aviso previo levará consigo o desconto equivalente ó período de aviso previo na liquidación que se practique.

Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria de formación profesional, integrada por tres membros da parte social e tres da parte económica.

Serán funcións desta comisión:

Requirir das administracións económicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha como os que se poidan programar en adiante.

Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional coma regrada.

Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional na empresa.

Seguridade e hixiene.

A empresa desenvolverá as accións e medidas en materia de seguridade e saúde laboral que sexan necesarias para lograr unhas condicións de traballo nas que a saúde do traballador non se vexa afectada por elas.

Estas accións e medidas deberán estar encamiñadas a lograr unha mellora de calidade de vida e de medio ambiente no traballo, desenvolvendo obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellora das condicións de traballo, potenciación das técnicas preventivas como medio para a eliminación dos riscos na súa orixe e a participación sindical dos centros de traballo.

A empresa deberá dotarse dun plan de prevención en materia de saúde e seguridade, así como dos

servicios necesarios para a súa realización, de acordo cos criterios recoñecidos internacionalmente.

Os representantes legais dos traballadores e/ ou as organizacións asinantes participarán na súa elaboración e velarán polo cumprimento do anteriormente sinalado.

As técnicas preventivas deberán ir encamiñadas á eliminación do risco para a saúde do traballador desde a súa propia xeración, tanto no que afecta ás operacións que se vaian realizar como nos elementos empregados no proceso.

De acordo coas esixencias técnicas de maquinaria empregada nos distintos procesos industriais, a empresa deberá realizar de forma eficaz as oportunas accións de mantemento preventivo delas de forma que contribúa a eleva-lo nivel de seguridade e confort no local de traballo.

Xornada.

Acórdase establecer unha xornada en cómputo anual de 1.800 horas, unha vez descontados os festivos, así como as vacacións. En ningún caso se poderán realizar máis de 9 horas ordinarias de traballo efectivo. En todo caso, entre o final da xornada e o comezo da seguinte, mediarán como mínimo 12 horas. A xornada será de luns a sábado, respectando o descanso legal establecido.

Horario de traballo.

A empresa establecerá, logo da deliberación cos representantes legais dos traballadores, a xornada diaria e semanal, en función de que esta sexa xornada partida ou continuada.

Anualmente o calendario laboral elaborado pola empresa exporase en sitio visible en cada centro de traballo.

Horas extraordinarias.

Unicamente se realizarán horas extraordinarias cando estas sexan de carácter estructural. A realización de horas extraordinarias axustarase ós criterios seguintes:

Horas extraordinarias habituais: supresión.

Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

Horas extraordinarias necesarias por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate: mantemento, sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación temporal previstas pola lei.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa, os delegados de persoal e delegados sindicais, sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo,

en función desta información e dos criterios máis arriba sinalados, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

En ningún caso, as horas extraordinarias poderán supera-lo máximo legal de 80 ó ano, agás o disposto no apartado 2 anterior.

Para os efectos do cómputo das 80 horas ó ano indicadas deberá quedar sentado que non se computarán para o efecto as que foran compensadas por descanso.

O importe das horas extraordinarias aboarase coas seguintes recargas:

As realizadas en días non laborables, o 85% sobre a hora normal de traballo.

O resto, co 25%.

O traballador terá a opción de elixir se as horas extraordinarias que realizou se lle aboan na forma antedita ou se se lle compensan por tempo de descanso. Se opta por tempo de descanso, a relación será por cada hora extraordinaria realizada, corresponderanlle dúas horas ordinarias de descanso. O momento en que o traballador poida desfrutar das horas ordinarias que foran acumulando será establecido de mutuo acordo entre traballador e empresario e sempre dentro do ámbito de vixencia do contrato. Este tempo de descanso será retribuído como se fosen horas ordinarias e por suposto e sempre debidamente cotizado.

Prohíbese realizar horas extraordinarias ós menores de 18 anos.

Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dunhas vacacións de trinta días naturais de duración ou na parte proporcional do tempo traballado.

Cando as vacacións sexan fraccionadas por proposta da empresa, teranse en conta os días festivos e os domingos. O fraccionamento a que queda facultada a empresa non poderá exceder de dous períodos, agás acordo cos representantes dos traballadores. A empresa concederá as vacacións preferentemente en verán.

O réxime salarial para o desfrute de vacacións estará constituído pola media que percibise o traballador durante os días de traballo, nos últimos tres meses, incluídos os incentivos devengados no mesmo período.

No non recollido neste artigo, haberá que aterse ó lexislado no Estatuto dos traballadores.

Faltas.

Consideraranse faltas as accións ou omisións que supoñan quebranto ou incumprimento dos deberes de calquera índole impostos polas disposicións legais en vigor, e en especial, polo presente convenio.

As faltas clasifícanse por consideración á súa importancia, trascendencia e intencionalidade, en leves, graves e moi graves.

1. Son faltas leves:

a) Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen a debida xustificación, cometidas durante o período de dez días.

b) Non cursar en tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivo xustificado, agás no caso que se demostre a imposibilidade de efectualo.

c) Pequenos descoidos na conservación do material ó seu cargo.

d) Non atende-lo público coa dilixencia e corrección debidas.

e) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

f) As discusións sobre asuntos alleos ó traballo durante a xornada. Se tales discusións produciran escándalo notorio, poderán ser consideradas como faltas graves.

g) E en xeral, os demais feitos e omisións de características análogas ás anteriormente relacionadas.

2. Son faltas graves:

a) Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante o período de vinte días. Cando tivese que relevar a un compañeiro, abondará unha soa falta de puntualidade para que esta se considere falta grave.

b) Faltar un día ó traballo no termo de vinte días, sen causa que o xustifique.

c) Non comunicar coa puntualiade debida os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social. A intencionalidade ó cometer esta falta considerarase como falta moi grave.

d) Entregarse a xogos, calquera que sexan, durante a xornada de traballo.

e) Non presta-la atención debida ó traballo encomendado.

f) A desobediencia ós superiores en calquera materia de traballo, sempre en exercicio regular das súas facultades de dirección. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa ou compañeiros de traballo, considerarase falta moi grave.

g) Simula-la presencia doutro traballador asinando ou fichando por el. Se se comete esta falta varios días, considerarase falta moi grave.

h) A neglixencia ou desidia no traballo, que afecte á boa marcha del.

i) A imprudencia en actos de servicio. Se implicase risco de accidente para el ou os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada falta moi grave.

j) Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares durante a xornada, así como empregar para usos propios ferramentas da empresa, aínda fóra da xornada de traballo, sen autorización.

k) As derivadas do previsto no apartado f) do número anterior.

l) O abandono do traballo sen causa xustificada, aínda cando sexa por tempo breve. Se como consecuencia del, se causa prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como moi grave, segundo os casos.

ll) A reincidencia en faltas leves (excluída a puntualidade), aínda que sexan de distinta natureza dentro dun trimestre ou tendo mediada sanción.

m) A diminución voluntaria no rendemento normal do seu labor durante tres días consecutivos ou cinco alternos, no período de trinta días.

n) O incumprimento das normas da empresa sobre uniformidade, aseo e limpeza persoal e seguridade e hixiene no traballo.

3. Son faltas moi graves:

a) Máis de cinco faltas repetidas e inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas nun período de dous meses.

b) Faltas ó traballo durante tres días ó mes, sen causa xustificada.

c) A indisciplina ou desobediencia no traballo.

d) As ofensas verbais ou físicas ó empresario ou ás persoas que traballan na empresa ou ós familiares que convivan con eles.

e) A transgresión da boa fe contractual, así como o abuso da confianza no desempeño do traballo.

f) A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo.

g) A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercuten negativamente no traballo.

h) Hacer desaparecer, inutilizar ou causar desperfectos en materias primas, ferramentas, maquinarias, aparatos, instalación, edificios, utensilios e documentos da empresa.

Sancións.

As sancións máximas que poderán imporse ós que incorran nas anteriores faltas, serán as seguintes:

1. Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo ata dous días.

2. Por faltas graves:

-Traslado de posto dentro da mesma fábrica.

-Suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

3. Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a sesenta días.

-Despedimento.

Facultade sancionadora, prescrición e anulación.

Correspóndelle á dirección da empresa ou persoa en quen delegue, a facultade de impor sancións. A sanción das faltas graves e moi graves requirirá comunicación escrita ó traballador e ós delegados de persoal, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron.

As faltas prescribirán ós dez días; as faltas graves, ós vinte días e as moi graves ós sesenta días a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de cometérense.

A empresa anotará nos expedientes persoais ou nos libros correspondentes, as sancións por faltas graves ou moi graves impostas ós traballadores, facendo constar, así mesmo, as reincidencias en faltas leves.

A valoración das faltas e sancións pola dirección da empresa será sempre revisable ante a xurisdicción social.

Non se poderá impor sancións que consistan na reducción da duración das vacacións ou outra minoración dos períodos de descanso do traballador, ou multa de haber.

O abuso de autoridade por parte dos superiores considerarase sempre como falta moi grave. O que os sufra deberá poñelo inmediatamente en coñecemento da dirección da empresa.

Percepcións salariais.

As percepcións salariais establécense no anexo I.

Plus de productividade.

De acordo coas disposcións vixentes sobre convenios colectivos, é obxecto destes o incremento da productividade nas empresas. Ó longo de 1997, a empresa implantará o sistema de remuneración por primas de producción, con carácter xeral, por seccións ou quendas de traballo, de acordo coas circunstancias e posibilidades perseguidas.

Correspóndelle á dirección da empresa de acordo co comité de empresa, determina-los rendementos, tomando como medida de actividade mínima esixible a que desenvolve un operario medio entregado ó seu traballo, sen o estímulo dunha remuneración por incentivo, ritmo que pode manter día tras día, facilmente, sen que esixa esforzo superior ó normal.

As primas por producción negociaranse entre a dirección da empresa e os representantes legais dos traballadores e sobre os seguintes productos: lura, sepia, bacallao, gamba, mexillón, polbiños, peituga de polo, paella, pescada, linguado e outros productos traballados na empresa.

En caso de conformidade entre ambas partes, os rendementos aplicaranse de inmediato.

Para o suposto de desconformidade, o comité de empresa deberá manifestar necesariamente a súa oposición no termo de catro días laborables, contados desde a notificación dos novos rendementos.

Se persistira a desconformidade transcorridos sete días laborables, as partes nun novo termo doutros cinco días laborables acudirán á xurisdicción laboral, que resolverá o que proceda.

Os valores establecidos só poderán ser modificados cando concorra algún dos seguintes casos:

1. Mecanización.

2. Mellora das instalacións que faciliten a realización dos traballos.

3. Cando o traballo sexa de primeira serie fixando un valor provisional en tanto non se fixe máis tarde o definitivo.

4. Cambios do método operatorio, distintos dos descritos no sistema anterior de traballo.

5. Cando exista erro de cálculo.

Entre outros casos, suporanse que se dan as circunstancias 4 e 5 cando, sen detrimento da calidade esixida, o 75% dos operarios que realicen un traballo determinado acaden no dito taballo, durante un mes, unha actividade igual ou superior ó rendemento óptimo, calquera que sexa o sistema de productividade que se empregue.

ProductoBaremo

Lura 50/5050 kg/hora
Lura 40/6050 kg/hora
Lura 35/6550 kg/hora
Lura 280150 kg/hora
Sepia rebozada50 kg/hora
Bacallao rebozado50 kg/hora
Paíño de pescada50 kg/hora
Gamba rebozada24 kg/hora
Polbiños rebozados42 kg/hora
Tiras rebozadas44 kg/hora
Mexillón rebozado70 kg/hora
Anel empanada40 kg/hora
Peituga polo64 kg/hora
Frito mixto94 kg/hora
Estoxo lura36 kg/hora
Pota -S- pequena50 kg/hora
Pota -S- grande60 kg/hora
Pota -M-60 kg/hora
Vaíña -S-80 kg/hora
Vaíña -M-90 kg/hora
Vaíña -L-90 kg/hora
Limpeza sepia20 kg/hora
Tiras ás I.Q.F.40 kg/hora
Tiras I.Q.F.76 kg/hora
Tiras ás50 kg/hora
Picos I.Q.F.70 kg/hora
Raxos I.Q.F.70 kg/hora
Conxelar ás140 kg/hora
Conxelar tubo140 kg/hora
Reciclados 140 K.H.140 kg/hora
Reciclados 80 K.H.80 kg/hora

ProductoBaremo

Cortar filete40 kg/hora
Hixienizar94 kg/hora
Desconxelar gamba280 kg/hora
Raxos I.Q.F. 8x144 kg/hora
Glasear tiras I.Q.F.100 kg/hora
Paella mariñeira66 kg/hora
Paella mariscos66 kg/hora
Paella 400 gramos40 kg/hora
Froitos do mar66 kg/hora
Toro de pescada56 kg/hora
Toro de peixe espada56 kg/hora
Mexillón P-G-M94 kg/hora
Anel granel40 kg/hora
Anel embolsado36 kg/hora
Tubo c/ á66 kg/hora
Tubo A/I66 kg/hora
Tubo U-554 kg/hora
Tubo U-1054 kg/hora
Tubo redondo54 kg/hora
Tubo interfoliado100 kg/hora
Filete dobre24 kg/hora
Lombo bacallao36 kg/hora
San Jacobo60 kg/hora
Sepia rechea10 kg/hora
San Marino12 kg/hora
Filete pescada16 kg/hora
Filete bacallao16 kg/hora
Bacallao desalgado50 kg/hora
Linguado enteiro40 kg/hora
Filete empanado40 kg/hora

*** Falta engadir sistema de remuneración de baremos.

Categorías profesionais.

-Técnico titulado:

a) Con título superior: é aquel ó que para o cumprimento da súa misión se lle esixe estar en posesión dun título superior profesional expedido por escolas especiais ou facultade, sempre que realice funcións propias da súa carreira e sexa retribuído, de maneira exclusiva ou preferente, mediante soldo ou tanto alzado, sen suxeición, por conseguinte, á escala habitual de honorarios na profesión afectada.

b) Con título non superior: é o que, en posesión do título profesional expedido por centros ou escolas oficiais, exerce as funcións propias que corresponden ó título non superior que posúe.

Incluiranse nesta categoría os graduados sociais coa función propia deles.

-Xefe de vendas nacional/estranxeiro: é o que ás ordes ou non do director de vendas leva a efecto o desenvolvemento e a súa execución nas accións en primeiro nivel para a consecución dos obxectivos programados no plan xeral de márketing/vendas da empresa.

-Comercial de vendas nacional: é o responsable das visitas ós clientes dentro da zona ofertando os productos, controlará o grao de cumprimento do plan de márketing asignado á súa zona, así como o control dos cobramentos pendientes.

-Comercial de vendas rexional: é a persoa integrada nunha delegación ou non e encargada de visitar a un número de clientes asignado ofertando os productos

e realizando as xestións de cobramento ós clientes ó seu cargo.

-Xefe de compras: é o que realiza de modo permanente, ben nos centros productores ou noutros establecementos, as compras xerais das mercadorías que son obxecto da actividade comercial da empresa, coordinando e establecendo as directrices contractuais de tódalas compras.

-Comercial de compras: é o que, ás ordes do xefe de compras, realiza estas, visitando os provedores en cada operación de compra e inspeccionando as materias suxeitas a esta.

-Xefe de laboratorio: é o que, baixo as ordes dun técnico de fabricación, se o houber, pola súa experiencia e coñecementos prácticos do proceso de industrialización do peixe está encargado da sección de control de calidade da empresa, sendo a súa responsabilidade o xeral cumprimento das ordes que reciba respecto do seu cargo e da perfección da obra realizada polo persoal que se atopa ó seu cargo; ten ó seu cargo a vixilancia, ensino e correción dos labores que son realizados polo persoal que se atopa ó seu cargo, tales como controla-lo perfecto estado de tódalas mercadorías entradas en fábrica e utilizadas no proceso de fabricación, análises, etc.

-Oficial de laboratorio: é o que, baixo as ordes do xefe de laboratorio, se encarga das tarefas específicas ó seu cargo, tales como analiza-los productos empregados no proceso de fabricación, comprobar o bo estado de tódalas mercadorías entradas en fábrica, etc.

-Técnico control calidade: é o que se ocupa de que tanto os productos de entrada coma os productos finais de saída cumpran os requirimentos esixidos polo departamento de control de calidade.

-Auxiliar de laboratorio: é o operario que axuda nos labores ós oficiais e realiza cantas operacións se lle encomenden na orde secundaria, baixo a vixilancia e dirección do persoal de maior competencia.

-Xefe de administración: é o empregado que, provisto ou non de poderes, ten ó seu cargo a dirección e responsabilidade, organización e coordinación de funcións de tódalas seccións administrativas da empresa, distribúe o traballo, ordenándoo debidamente, e achega as súas iniciativas para o bo funcionamento da misión que ten confiada.

-Oficial administrativo de primeira: é o administrativo, cun servicio determinado ó seu cargo, que con iniciativa e responsabilidade, con ou sen empregados ás súas ordes, executa algunha das seguintes ou análogas funcións: caixeiro de cobramento e pagamento, estatísticas, redacción de documentos e correspondencia e, en xeral, servicios que requiran cálculos, estudio, preparación ou condicións adecuadas, contables e administrativas, tales como transcrición en libros de contabilidade, etc. e corresponsables. Taquimecanógrafos dun ou doutro sexo, nun idioma estranxeiro, que toman ó dictado cen palabras por minuto, traducíndoas correcta e directamente a máquina en seis.

-Oficial administrativo de segunda: é o administrativo, que con iniciativa restrinxida e con subordinación a xefes ou oficiais de primeira, se os houber, efectúa operacións auxiliares de contabilidade, caixa e administración e coadxuvantes delas, transcrición de libros auxiliares, organización de arquivos e ficheiros, estatísticas auxiliares, redacción de facturas, liquidación de salarios e Seguridade Social e demais traballos similares: taquimecanógrafos dun ou outro sexo en idioma nacional que tomen ó dictado cen palabras por minuto, traducíndoas correcta e directamente a máquina en seis.

-Auxiliar administrativo: é o administrativo que se dedica dentro das oficinas a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ós traballos daquelas e os mecanógrafos dun ou outro sexo. Quedan asimilados a esta categoría os taquimecanógrafos cando non acaden a velocidade e corrección esixidas ós oficiais de segunda.

Poderán, así mesmo, realizar outras funcións non estrictamente burocráticas, tales como pesar, anotar pesos, comprobar existencias, etc.

-Director de persoal: é quen, á fronte de todo o persoal dunha empresa ou centro de traballo, dicta as oportunas normas para a perfecta organización e distribución do traballo, do cal lle corresponde a súa vixilancia, así como a concesión de permisos, etc.

-Director industrial: é o que, ás ordes da dirección da empresa, do seu representante, coñece o proceso xeral da industria nas súas distintas seccións, aplicando estes coñecementos, organizando e distribuíndo o traballo nas seccións, mantendo a disciplina, á vez que facilita os datos xerais de producción, consumo de materias primas e rendementos, e organización dos distintos departamentos como control de calidade, director de fábrica, xefe de mantemento, etc.

-Director de fabricación: é aquel que, en posesión dos coñecementos técnicos necesarios e coa debida responsabilidade, asume a dirección e vixilancia de todo o proceso de fabricación, ordenando a forma en que o traballo debe desenvolverse, coordinando o labor das distintas seccións ou departamentos que constitúen o ciclo da dita fabricación.

-Xefe de mantemento: é o que, baixo as ordes do persoal técnico, se o houber, está encargado dunha ou máis seccións ou talleres onde se realizan traballos propios da súa profesión, sendo da súa responsabilidade o xeral cumprimento das ordes que reciba respecto do seu cargo e da perfección da obra realizada polo persoal que se atope baixo o seu mando.

-Axudante mantemento: é o que, baixo as ordes do xefe de mantemento, desempeña traballos propios do seu oficio, tales como mante-lo perfecto funcionamento de toda a maquinaria que intervén na liña de fabricación, cambios de aceite, etc.

-Encargado de cámaras: é o encargado de almacenar e organiza-las mercadorías tanto recibidas coma fabricadas dentro das cámaras, así como da carga e descarga de camións, etc.

-Encargado de quenda sección varios: é o que dependendo do encargado xeral ou técnicos superiores ten mando directo sobre o persoal que traballe na sección ou seccións do seu cargo, respondendo da súa disciplina e distribuíndo e organizando o traballo delas, vixiando o persoal e coidando a conservación e mellor aproveitamento das máquinas e material, proporcionando os datos sobre a producción e rendemento das seccións que manda.

-Encargado de quenda sección fritos: é o que, dependendo do encargado xeral ou técnicos superiores, ten mando directo sobre o persoal que traballe na sección ou seccións do seu cargo respondendo da súa disciplina e distribuíndo e organizando o traballo delas, vixiando o persoal e coidando da conservación e mellor aproveitamento de máquinas e material, proporcionando os datos sobre a producción e rendemento das seccións que manda.

-Encargado de quenda sección limpeza de peixes: é o que dependendo do encargado xeral ou técnicos superiores, ten mando directo sobre o persoal que traballe na sección ou seccións do seu cargo respondendo da súa disciplina e distribuíndo e organizando o traballo delas, vixiando o persoal e coidadando da conservación e mellor aproveitamento de máquinas e material, proporcionando os datos sobre a producción e rendemento das seccións que manda.

-Carreteiro sección de varios: son os encargados de transporta-las mercadorías producidas ás cámaras, así como de servir á liña de fabricación das materias primas necesarias para a elaboración do producto, así como traballos varios nos almacéns da empresa.

-Carreteiro sección de limpeza de peixes: son os encargados de transporta-las mercadorías producidas ás cámaras, así como de servir á liña de fabricación das materias primas necesarias para a elaboración do producto, así como traballos varios nos almacéns da empresa.

-Carreteiro sección de fritos: son os encargados de transporta-las mercadorías producidas ás cámaras, así como de servir á liña de fabricación das materias primas necesarias para a elaboración do producto, así como traballos varios nos almacéns da empresa.

-Peón sección de limpeza: é o operario maior de dezaoito anos que, dependendo do encargado de quenda, se encarga da limpeza de peixes para elaborar.

-Peón sección de fritos: é o operario, maior de dezaoito anos, que dependendo do encargado de quenda, se encarga dentro da liña de fabricación da elaboración de productos precocinados.

-Peón sección de varios: é o operario, maior de dezaoito anos, que dependendo do encargado de quenda, se encarga dentro da liña de fabricación da elaboración de peixes e envasado de producto.

** Os peóns poderán traballar noutras seccións se por necesidades da producción fose necesario.

-Camaristas: é o que, dependendo do encargado de cámaras, se encarga da entrada e saídas das mercadorías de cámaras, carga e descarga de camións,

etc., así como de traballos varios nas liñas de fabricación na empresa.

-Encargado de almacén: é o responsable de almacén xeral ou de cada un dos almacéns que teña a empresa, está encargado de despacha-los pedidos neles, de recibi-las mercadorías e distribuílas nas distintas dependencias dos almacéns e de rexistrar nos libros o movemento do material que houbera durante a xornada, redactando e remitindo ás oficinas as relacións correspondentes, indicando destino de materiais ou mercadorías e procedencia.

-Mantemento: é o que ten como cometido funcións de orde e vixilancia e vai cumpri-los seus deberes con suxeición ás disposicións legais que regulan o exercicio do aludido cargo para as persoas que obteñen tal nomeamento. Poderá realizar traballos de mantemento xeral da instalación aínda sen te-la cualificación necesaria para iso, como pintar, vixiar e revisa-los distintos utensilios e máquinas que se atopen dentro da fábrica, así como axudar ás liñas de fabricación se for necesario. Tamén terá ó seu cargo a vixilancia dos peixes que se atopen en curso de fabricación nos momentos en que as quendas non estean operativas, así como do apoio ós equipos de limpeza ou subcontratas se as houber.

-Conductor: é o que, estando en posesión do carné da clase correspondente, conduce e conserva o vehículo ou vehículos mecánicos que teña ó seu cargo. Nesta clasificación inclúense tanto os chóferes de camións coma de automóbiles e turismo.

Percepcións de carácter extraordinario.

Todo traballador terá dereito a dúas mensualidades en concepto de pagas extraordinarias consistentes no equivalente de trinta días cada unha delas do salario total da táboa do convenio. Aboaranse o día 15 dos meses de xullo e decembro ou poderá ratearse mensualmente.

Nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade do 20% sobre o salario base para cada categoría.

Categoría

Salario bruto con

rateo pagas

Técnico titulado130.000
Técnico s/ título110.000
Xefe de vendas exportación286.000
Xefe vendas nacional169.000
Comercial vendas rexional98.000
Comercial vendas nacional125.000
Xefe compras188.000
Comercial compras160.000
Xefe de laboratorio140.000
Oficial de laboratorio125.000
Técnico control calidade110.000
Auxiliar laboratorio100.000
Xefe de administración169.000
Oficial administrativo 1ª90.000
Oficial administrativo 2ª85.000
Auxiliar administrativo84.400
Director de persoal187.000
Director industrial200.000
Director de fabricación187.000
Xefe de mantemento155.000

Categoría

Salario bruto con

rateo pagas

Axudante mantemento99.000
Encargado de cámaras99.000
Encargado de quenda sección varios99.000
Carreteiro de sección de limpeza90.000
Carreteiro de sección varios90.000
Peón de sección varios84.400
Camaristas90.000
Encargado quenda sección de fritos99.000
Peón de sección de limpeza84.400
Encargado quenda sección de limpeza99.000
Carreteiro sección de fritos90.000
Peón sección de fritos84.400
Encargado almacén99.000
Mantemento84.400
Conductor90.000

1760