Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de febreiro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 30/93 de clasificación do monte Bidueiras, pertencente á comunidade veciñal da parroquia de Cervo, concello de Cervo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

Expediente número 30/93:

Denominación: monte de Bidueiras.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Cervo.

Concello: Cervo.

Superficie: 11 ha.

Lindeiros:

Norte: herdeiros de José María Crego, herdeiros de Antón Basanta, José Sampedro Piñeiro e Concepción Fernández Chao; leste; Jesús Fraga Valmayor, Natividad Basanta e herdeiros de Jesús Taladrid; sur; Herminia Saavedra e herdeiros de José María Crego; e oeste: Ramón Fernández Goás, Saturnino Baltar e outros, e herdeiros de José María Crego.

En virtude do acordado polo xurado e en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do

23 de setembro de 1992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilas en relación co monte, achegando se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 12 de febreiro de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

2260