Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación de Empresarios de Hostelería de la Provincia de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, ás 10 horas do día 17 de febreiro foron despositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Empresarios de Hostelería de la Provincia de A Coruña; a súa modificación consiste na nova redacción dos estatutos.

Asina a acta de modificación e os novos estatutos: Eliseo Calviño Lema (presidente) e Cristina Cabaño Fernández (secretaria).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 17 de febreiro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

1862