Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. r/ San Amaro, 29.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV en conductor R.H.V. de 240 mm en Al, que parte da L.M.T. subterránea C.R. Parque-C.T. Residencia Terceira Idade e final no C.T. San Amaro, número 29 de 280 m de lonxitude. C.T. tipo interior de 400 kVA a 15.000±2,5%/400 V. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 19 de febreiro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
1767