Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 1998 Páx. 2.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 22 de decembro de 1997 pola que se regulan as subvencións á exhibición pola proxección de películas comunitarias.

As salas de exhibición cinematográfica son un foro cultural particularmente importante na sociedade actual. Son, así mesmo, a principal plataforma da producción cinematográfica europea presente. Na actualidade, son as comunidades autónomas a Administración competente para convocar e conceder axudas á exhibición cinematográfica, conforme os criterios establecidos no Real decreto 1282/1989 e a Orde do 12 de marzo de 1990 do Ministerio de Cultura.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócanse subvencións a salas de exhibición cinematográfica que proxectasen películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas polas ordes ministeriais do 20 de xaneiro de 1994 e do 19 de xaneiro de 1993 e a do 18 de febreiro de 1992 e pola resolución do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais do 23

de xullo de 1997, con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.353.C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, por incorporación de crédito procedente de 1997.

Artigo 2º

Poderán optar ás subvencións os titulares de salas de exhibición cinematográfica situadas en Galicia que, mediante as normas previstas no Real decreto 1282/1989, do 28 de agosto, e a Orde do 12 de marzo de 1990, acrediten ter proxectado películas da Comunidade Europea beneficiarias das axudas á distribución convocadas polas ordes ministeriais do 19 de xaneiro de 1993 e a do 20 de xaneiro de 1994 e pola resolución do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais do 23 de xullo de 1997 (segundo as listas que figuran como anexo Ia) e Ib) da presente orde), e que estean inscritos no Rexistro de Empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

As películas relacionadas no anexo Ia) xerarán dereitos á subvención durante os dous primeiros anos contados a partir do día da súa estrea comercial en España ata a data límite do 31 de decembro de 1996.

No caso das películas sinaladas no anexo Ib) que xa foron subvencionadas no exercicio de 1996 computarase o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1996 e a data en que completen os dous anos de explotación comercial, contados a partir do día da súa estrea comercial en España, sendo igualmente a data límite do cómputo o 31 de decembro de 1996.

Nos programas dobres computarase o 50% dos ingresos das entradas de cada película, sempre que na programación se exhiban unicamente as ditas películas.

Artigo 3º

A contía das axudas será igual á aplicación de ata un 5% dos ingresos brutos das entradas xerados pola proxección das películas comunitarias relacionadas nos anexos Ia) e Ib).

Non se aplicará o disposto no artigo 47.2º da Orde de 12 de marzo de 1990.

Artigo 4º

As solicitudes faranse mediante instancia dirixida ó conselleiro de Cultura e Turismo, Comunicación Social, segundo o modelo que figura como anexo II desta orde, e presentarana no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Turismo, Comunicación Social, ou nos rexistros das delegacións provinciais desta, sen prexuízo do establecido no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Xuntaranse os seguintes documentos:

1. Instancia.

2. Fotocopia do DNI do solicitante e acreditación suficiente da súa titularidade sobre a sala. Compulsa.

3. Documentación acreditativa da inscrición da sala no Rexistro de Empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais. Compulsa.

4. Fotocopia compulsada do documento acreditativo de imposto de actividades económicas.

5. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

6. Acreditación da actividade mediante a presentación de fotocopia compulsada dos partes declaración de exhibición semanal debidamente completadas pola Sociedad General de Autores de España.

7. Relación das películas comunitarias incluídas nas listas dos anexos Ia) e Ib) proxectadas na sala coas datas de proxección e recadación.

8. Para efectos de posibilita-la liquidación do importe da subvención que correspondese, deberán presentar certificacións de estar ó día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social así como de non ter débedas coa Xunta de Galicia. Así mesmo, deberán presentar certificado bancario da existencia da conta na que o solicitante sexa o titular.

Artigo 5º

Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual e o director xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual elevará a correspondente proposta ó conselleiro de Cultura e Comunicación Social, que resolverá.

Artigo 6º

Unha vez resolta e notificada a concesión da subvención librarase a cantidade adxudicada sempre

e cando consten na Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual as certificacións sinaladas no punto 8 do artigo 4º.

Artigo 7º

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Cultura e Turismo, Comunicación Social, instruirá expediente sancionador, conforme o previsto na vixente Lei de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houber, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 8º

De non notificarse resolución favorable no prazo de tres meses a partir da presentación da solicitude, entenderase desestimada a petición correspondente podendo o solicitante a partir desa data retira-la documentación presentada nos 30 días seguintes. Transcorrido este prazo arquivarase sen máis trámite.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual para dictar, no ámbito das súas competencias cantas disposicións considere precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I a)

Relación de películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas por orde ministerial do 20 de xaneiro de 1994, proxectadas no período de dous anos desde a data da estrea. Data límite 31-12-1996.

Título película

Nacionalidade

Distribuidora

Data da

estrea

Límite do

cómputo

Así en el cielo como en la tierraEspañolaU.I.P.Cía SRC.11-10-199531-12-1996
Baules del retorno, losEspañolaAlta films, S.A.12-5-199531-12-1996
Before the rainBritánicaSogepaq Distribución, S.A.12-1-199531-12-1996
BelmonteEspañolaUnited Intern Pinctures y CÍA S.R.C.30-3-199531-12-1996
Caro Diario (Querido Diario)ItalianaAlta Films, S.A.17-11-199417-11-1996
Cent et une nuits, lesFrancesaLaurentfilm, S.A.15-3-199531-12-1996
Cuernos de mujerEspañolaUnited Intern Pictures y Cía S.R.C.24-1-199531-12-1996
Después de tantos añosEspañolaUnited Intern. Pictures y CÍA S.R.C.24-11-199424-11-1996
Diario de un amor violadoEspañolaColumbia tri Star Films de España, S.A.13-6-199631-12-1996
Días contadosEspañolaUnited Intern Pictures y Cía SRC.1-9-19941-9-1996
Entre rojasEspañolaAlta films, S.A.21-4-199531-12-1996
Escenas de una orgía en FermenteraEspañolaVhero films, S.A.26-7-199631-12-1996

Título película

Nacionalidade

Distribuidora

Data da

estrea

Límite do

cómputo

Flamenco de Carlos SauraEspañolaSogepaq Distribución, S.A.14-6-199531-12-1996
Gran Calabaza, LaItalianaGolem Distribución, S.A.5-8-19945-8-1996
Hermana, ¿pero qué has hecho?EspañolaColumbia TriStar Films11-8-199531-12-1996
Hombres de aceroEspañolaUfilms, S.L.11-5-199531-12-1996
Isla del diablo, laEspañolaColumbia Tri Star Films de España, S.A.8-9-199531-12-1996
Justino, un asesino de la tercera edadEspañolaGolem Distribución, S.L.24-11-199424-11-1996
LamericaItalianaAlta Films, S.A.19-5-199531-12-1996
MaiteEspañolaAlta Films, S.A.23-11-199423-11-1996
Mar de LunaEspañolaUnited Intern. Pictures y Cía, S.R.C.19-6-199531-12-1996
Mario, Maria y MarioItalianaCinemussy, S.L.3-7-199531-12-1996
Nina TannenbaumFrancesaCinemussy, S.L.4-1-199531-12-1996
Morirás en ChafarinasEspañolaColumbia Tri Star Films de España, S.A.21-4-199531-12-1996
Niña de tus sueñosEspañolaAlta Fims, S.A.16-6-199531-12-1996
Oh cielosEspañolaColumbia Tri Star Films17-2-199531-12-1996
Partida de ajedrez, laFrancesaUnited Inter.Pictures y Cia S.R.C.24-3-199531-12-1996
Pasión turca, laEspañolaColumbia Tri Star Films de España, S.A.18-11-199418-11-1996
Rey del río, elEspañolaSogepaq Distribución, S.A.24-2-199531-12-1996
Salto al vacíoEspañolaCinemussy, S.L.3-3-199531-12-1996
Sálvate si puedesEspañolaColumbia Tri Star Films de España, S.A.13-1-199531-12-1996
Seductor, elEspañolaColumbia TriStar Films17-3-199531-12-1996
Senza Pelle (Sin piel) palabrasItalianaUnited Intern. Pictures y Cía S.R.C.22-12-199422-12-1996
Sexo, amor y otras desgracias LaItalianaUnited Intern. Pictures y Cía S.R.C.26-9-199426-9-1996
Sexo oralEspañolaAlta Films, S.A25-8-199425-8-1996
Shopping-de tiendasBritánicaAlta Films, S.A.23-12-199423-12-1996
Siete mil días juntosEspañolaUnited Inter. Pictures4-11-19944-11-1996
Tabla de flandes, laEspañolaWarner española, S.A.13-1-199531-12-1996
Teta y la luna, laEspañolaUnited Inter. Pictures28-2-199428-2-1996
Tiempos mejoresEspañolaColumbia Tri Star Films MS28-4-199531-12-1996
TraidorFrancesaWhero Films, S.A.20-10-199431-12-1996
Una casa en las afuerasEspañolaColumbia Tri Star Films28-4-199531-12-1996
Voce della luna, laItalianaLaurenfilms, S.A.20-2-199531-12-1996

ANEXO I b)

Relación de películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas pola orde ministerial do 19 de xaneiro de 1993, polo período que lles resta desde o 1-1-1996 ata completa-los dous anos de exhibición desde a súa data da estrea. Data límite 31-12-1996.

Título película

Nacionalidade

Distribuidora

Data da

estrea

Límite do

cómputo

Al otro lado del túnelEspañolaUnited Intern Pictures y Cía S.R.C.25-2-199425-2-1996
Alegre ma non troppoEspañolaColumbia Tri Star Films de España15-4-199415-4-1996
Canción de cunaEspañolaManuel Salvador, S.A.15-4-199415-4-1996
Cianuro ¿sólo o con leche?, ElEspañolaJose Frade P.C., S.A.15-4-199415-4-1996
Cómo ser infeliz y disfrutarloEspañolaUnited Inter. Pictures y Cía S.E.C.10-2-199410-2-1996
Culpable de qué?EspañolaColumbia Tri Star Films de España8-7-19948-7-1996
Desvío al paraisoEspañolaAlta Films, S.A.23-7-199423-7-1996
Detective y la muerte, ElEspañolaUnited Intern. Pictures y CÍA S.E.C.26-9-199426-9-1996
Don Jaime el conquistadorEspañolaLaurentfilms, S.A.23-3-199423-3-1996
En tránsitoEspañolaBuena Vista Internacional Spain29-4-199429-4-1996
Enciende mi pasiónEspañolaWarner Española, S.A.26-9-199426-9-1996
Historias de la puta miliEspañolaColumbia Tri Star Films de España13-1-199413-1-1996
Hundimiento del titanicEspañolaLaurenfilm, S.A.11-2-199411-2-1996
Mi hermano del almaEspañolaWarner española, S.A.14-2-199414-2-1996
Naked (indefenso)BritánicaAlta Films, S.A.7-7-19947-7-1996
Peores años de nuestra vida, losEspañolaUnited Intern. Pictures y Cía S.E.C.8-4-19948-4-1996
Por fín solosEspañolaColumbia Tri Star Films de España17-8-199417-8-1996
Rosita pleaseEspañolaLaurentfilm, S.A.17-6-199417-6-1996
Todos los hombres sois igualesEspañolaColumbia Tri Star Films de España25-2-199425-2-1996

2258