Por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 23 de decembro de 1997 estableceuse o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión das axudas ós productores de determinados cultivos herbáceos na campaña de comercialización 1998/99 e das primas en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, dos productores de carne de vacún e dos que manteñan vacas nutrices para o ano 1998 na Comunidade Autónoma de Galicia.
No texto desta orde (artigo 8.2, apartado f) contíñase unha excepción á obrigatoriedade de utilizar como referencias identificativas da parcela agrícola as alfanuméricas correspondentes á parcela ou parcelas catastrais que a constitúen, en canto non se dispoña dos novos datos de catastro, excepción que agora cómpre ampliar tamén a outros casos de reordenación da propiedade.
Por outra banda, cómpre tamén amplia-los prazos que figuran no artigo 3º.1 para as solicitudes de axuda e de declaración de superficies forraxeiras,
e 3º.3 para a solicitude da prima especial ós productores de carne de vacún, por así terse feito tamén na normativa estatal sobre o tema.
Xa que logo, de acordo co disposto no artigo 30.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Modifícase a redacción dos artigos 3º.1 , 3º.3 e 8º.2f) da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 23 de decembro de 1997, que quedan redactados do seguinte xeito:
«Artigo 3º
1. O prazo para a presentación das solicitudes de axuda e da declaración de superficies forraxeiras será o comprendido entre o 2 de xaneiro e o 26 de marzo de 1998.
Artigo 3º
3. Non obstante o previsto na liña 1, no que se refire á prima especial ós productores de carne de vacún, poderanse presentar solicitudes ata o 16 de decembro de 1998, cando se refiran ós bovinos machos castrados e a aqueles bovinos machos non castrados de idade comprendida entre os 8 e 20 meses.
Artigo 8º
2 f) Naqueles termos municipais ou parte deles onde se procedese á concentración parcelaria ou á reordenación da propiedade e para os que non se dispoña dun novo catastro, que se indican no anexo V á presente orde, poderanse admiti-las referencias identificativas alfanuméricas contidas nos planos mentres non se dispoña dos novos datos de catastro».
Artigo 2º
Os anexos II e V da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 23 de decembro de 1997 substitúense polos que figuran como anexos II e V, respectivamente, á presente orde.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, no ámbito das súas competencias, para dicta-las instruccións precisas para un mellor cumprimento do disposto na presente orde.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1998.
Castor Gago Álvarez
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria
ANEXO V
Zonas de concentración parcelaria e de reordenación da propiedade nas que se admiten as referencias identificativas alfanuméricas contidas nos planos.
Provincia Concello Código (nome da zona de concentración)
15 A Coruña 1 Abegondo 1 Mabegondo-Cernada-Cabana 15 A Coruña 1 Abegondo 2 Sarandóns (Sta. María) 15 A Coruña 2 Ames 1 Tapia I (monte detrás da cooperativa) 15 A Coruña 2 Ames 2 Bugallido-Biduído I I 15 A Coruña 2 Ames 3 Tapia I I 15 A Coruña 6 Arzúa 1 Viladavil-A Mella (Sta. M. de Arzúa) 15 A Coruña 6 Arzúa 2 Branza 15 A Coruña 6 Arzúa 3 Calvos 15 A Coruña 6 Arzúa 4 Campos 15 A Coruña 6 Arzúa 5 Castañeda-Rendal I I 15 A Coruña 6 Arzúa 6 Dombodán 15 A Coruña 6 Arzúa 7 Maroxo-Lema 15 A Coruña 6 Arzúa 8 Oíns-Dodro 15 A Coruña 6 Arzúa 9 Pantiñobre-Brandeso 15 A Coruña 6 Arzúa 10 Viños-Tronceda 15 A Coruña 6 Arzúa 11 Oíns (San Cosme) 15 A Coruña 10 Boimorto 1 Dormea (San Cristovo) 15 A Coruña 11 Boiro 1 Macenda (San Xoán) 15 A Coruña 12 Boqueixón 1 Codeso-Pousada I I 15 A Coruña 12 Boqueixón 2 Gastrar I I (sta. Mariña) 15 A Coruña 12 Boqueixón 3 Lestedo I I 15 A Coruña 14 Cabana de Bergantiños 1 Denillón-Agra Nova-Nanten 15 A Coruña 21 Carral 1 Vigo (San Vicente e Sta. María) 15 A Coruña 26 Cesuras 1 Carres (San Vicente) 15 A Coruña 26 Cesuras 2 Probaos (Sta. Eulalia) 15 A Coruña 27 Coirós 1 Coirós-Collantres-Leza-Arm. 15 A Coruña 33 Dodro 2 Dodro (Sta. María) 15 A Coruña 33 Dodro 3 Laíño (San Xoán-San Xulián) 15 A Coruña 36 Ferrol 1 Covas-Esmelle-Marmancón 15 A Coruña 37 Fisterra 1 Val do Sardiñeiro 15 A Coruña 38 Frades 1 Abella I I (Santo Estevo) 15 A Coruña 38 Frades 2 Aiazo I I (San Pedro) 15 A Coruña 38 Frades 3 Aia-Ledoira I I 15 A Coruña 38 Frades 4 Frades I I (San Martiño) 15 A Coruña 38 Frades 5 Gafoi-I I (Sta. María) 15 A Coruña 38 Frades 6 Moar I I (Sta. Eulalia) 15 A Coruña 38 Frades 7 Papucín- I I (Sta. María) 15 A Coruña 38 Frades 8 Vitre-Céltigos I I 15 A Coruña 40 Laxe 1 Serantes (Sta. María) 15 A Coruña 42 Lousame 1 Toxosoutos 15 A Coruña 42 Lousame 2 Vilacova 15 A Coruña 43 Malpica de Bergantiños 1 Cerqueda (San Cristovo) 15 A Coruña 45 Mazaricos 1 Arcos 15 A Coruña 47 Mesía 1 Bascoi 15 A Coruña 47 Mesía 2 Cabrui (San Martiño) 15 A Coruña 47 Mesía 3 Castro-Cumbraos 15 A Coruña 47 Mesía 4 Olas I I 15 A Coruña 47 Mesía 5 Visantoña (San Martiño) 15 A Coruña 47 Mesía 6 Xanceda-Mesía I I 15 A Coruña 54 Narón 1 Sedes (Santo Estevo) 15 A Coruña 54 Narón 2 Val-Meiras-Lago II 15 A Coruña 57 Noia 1 Toxo-Soutos (Noia/Lousame) 15 A Coruña 59 Ordes 1 Ardemil (San Pedro) 15 A Coruña 59 Ordes 2 Bean-Pereira I I 15 A Coruña 59 Ordes 3 Buscás I I (San Paio) 15 A Coruña 59 Ordes 4 Leira (Sta. María) 15 A Coruña 59 Ordes 5 Mercurín-Lesta I I 15 A Coruña 59 Ordes 6 Montaos I I (Sta. Cruz) 15 A Coruña 59 Ordes 7 Parada I I (Sta. Mariña) 15 A Coruña 59 Ordes 8 Vilamaior-Barbeiros I I 15 A Coruña 63 Oza dos Ríos 1 Rodeiro-Bandoxa 15 A Coruña 65 Padrón 1 Escravitude I
Provincia Concello Código (nome da zona de concentración)
15 A Coruña 65 Padrón 2 Escravitude I I 15 A Coruña 66 Pino 1 Castrofeito 15 A Coruña 66 Pino 2 Cerceda-Cebreiro 15 A Coruña 66 Pino 3 Ferreiros (San Mamede-San Veris) 15 A Coruña 66 Pino 4 Lardeiros 15 A Coruña 66 Pino 5 Medín 15 A Coruña 66 Pino 6 O Pino (San Vicente) 15 A Coruña 68 Ponteceso 1 A Ourada-Cores 15 A Coruña 68 Ponteceso 2 Anllóns 15 A Coruña 68 Ponteceso 3 Bardaio-Riotorto-Cores 15 A Coruña 68 Ponteceso 4 Limiñoa-Cores 15 A Coruña 68 Ponteceso 5 Tallo-Longueirón 15 A Coruña 70 As Pontes de G.R. 1 Bermui 15 A Coruña 70 As Pontes de G.R. 2 Ribadeume 15 A Coruña 71 Porto do Son 1 Nebra 15 A Coruña 76 San Sadurniño 1 Lamas 15 A Coruña 77 Santa Comba 1 Alon 15 A Coruña 77 Santa Comba 2 Bazar (S. Mamede) 15 A Coruña 77 Santa Comba 3 Fontecada 15 A Coruña 77 Santa Comba 4 Freixeiro (San Fiz) 15 A Coruña 77 Santa Comba 5 montes de Frieiro 15 A Coruña 77 Santa Comba 6 Montouto (Sta. María) 15 A Coruña 77 Santa Comba 7 Coristanco-Sta. Comba 15 A Coruña 78 Santiago de Compostela 1 Aríns 15 A Coruña 78 Santiago de Compostela 2 Busto-Verdía 15 A Coruña 78 Santiago de Compostela 3 César-Barciela 15 A Coruña 78 Santiago de Compostela 4 Eixo Marrozos 15 A Coruña 78 Santiago de Compostela 5 Figueira (Sta. Mariña) 15 A Coruña 78 Santiago de Compostela 6 Nemenzo-Marantes 15 A Coruña 78 Santiago de Compostela 7 Sabugueira-Carballal 15 A Coruña 79 Santiso 1 Arcediago-Mour-Rairiz-Santiso 15 A Coruña 79 Santiso 2 Barazón (Sta. María) 15 A Coruña 79 Santiso 3 Beigondo (San Cosme) 15 A Coruña 79 Santiso 4 Monte Grande de Vimianzo 15 A Coruña 79 Santiso 5 Pezobre (San Cristovo) 15 A Coruña 79 Santiso 6 Ribadulla (San Vicente) 15 A Coruña 79 Santiso 7 Visantoña (San Xoán) 15 A Coruña 80 Sobrado 1 Monteagudo (Roade) 15 A Coruña 80 Sobrado 2 Grixalba (San Xulián) 15 A Coruña 81 As Somozas 1 As Somozas (Santiago de Seré) 15 A Coruña 82 Teo 1 Cacheiras-Rececende I I 15 A Coruña 82 Teo 2 Calo-I I (San Xoán) 15 A Coruña 82 Teo 3 Reis-Teo I I 15 A Coruña 84 Tordoia 1 Gorgullos 15 A Coruña 84 Tordoia 2 Leobalde 15 A Coruña 84 Tordoia 3 Numide 15 A Coruña 84 Tordoia 4 Viladabade 15 A Coruña 85 Touro 1 Bama I I (San Vicente) 15 A Coruña 85 Touro 2 Fao 15 A Coruña 85 Touro 3 Foxáns 15 A Coruña 85 Touro 4 Loxo-Enquer-Font-Rib. I I 15 A Coruña 85 Touro 5 Loxo-Enquerentes-Fonter 15 A Coruña 85 Touro 6 Novefontes 15 A Coruña 85 Touro 7 Prevediños I I (Santiago de C.) 15 A Coruña 85 Touro 8 Ribeira 15 A Coruña 85 Touro 9 Touro-Quion 15 A Coruña 85 Touro 10 Oural-Pousada-Sucira-Vendaia 15 A Coruña 86 Trazo 1 Xavestre (San Cristovo) 15 A Coruña 87 Valdoviño 1 Lourido-Sequeiro 15 A Coruña 87 Valdoviño 2 Val-Meiras-Lago I I (Valdoviño-Narón) 15 A Coruña 88 Val do Dubra 1 Ervillou (San Cristovo) 15 A Coruña 88 Val do Dubra 2 Vilariño (San Pedro) 15 A Coruña 89 Vedra 1 Ponte Ulla (Sta. Magdalena) 15 A Coruña 89 Vedra 2 Ribadulla (Sta. Cruz-San Mamede) 15 A Coruña 89 Vedra 3 Sarandón (San Miguel-San Pedro) 15 A Coruña 89 Vedra 4 Vilanova-Merín I I 15 A Coruña 92 Vimianzo 1 Cereixo-Carnes 15 A Coruña 92 Vimianzo 2 Rego dos Podres (Berdoias) 27 Lugo 1 Abadín 1 Quende
Provincia Concello Código (nome da zona de concentración)
27 Lugo 1 Abadín 2 Candia 27 Lugo 3 Antas de Ulla 1 Reboredo 27 Lugo 3 Antas de Ulla 2 Barreiro 27 Lugo 8 Bóveda 1 Val de Lemos I. B. 27 Lugo 20 Friol 2 Gándara-Fraga de Carballo 27 Lugo 20 Friol 3 Bugo de Negral 27 Lugo 23 Guntín 1 Santa Euxea 27 Lugo 24 O Incio 1 Toldaos 27 Lugo 27 Lourenzá 1 Lourenzá norte 27 Lugo 27 Lourenzá 2 Lourenzá sur 27 Lugo 30 Mondoñedo 1 Argomoso 27 Lugo 30 Mondoñedo 2 Lindín 27 Lugo 30 Mondoñedo 3 Sta. María Maior 27 Lugo 39 Outeiro de Rei 1 Castelo 27 Lugo 40 Palas de Rei 1 Orosa 27 Lugo 46 Pol 1 Silva-Eirón 27 Lugo 48 A Pontenova 1 Vilarmide 27 Lugo 51 Ribadeo 2 Villamariz I I 27 Lugo 51 Ribadeo 13 especial aeroporto 27 Lugo 54 Riotorto 1 Ferreira Vella 27 Lugo 55 Samos 1 Lourido Grande 27 Lugo 55 Samos 2 Teivilide 27 Lugo 57 Sarria 1 Mato e Veiga 27 Lugo 58 O Saviñao 1 Monte de San Xumil 27 Lugo 61 Trabada 1 Trapa e Orrea 27 Lugo 61 Trabada 2 Teixido e Rosal 27 Lugo 61 Trabada 3 Monte de Vilar 27 Lugo 63 O Valadouro 1 Zona Centro 32 Ourense 5 Baltar 1 Garabelos-Bouzo 32 Ourense 21 Castrelo do Val 1 Pepín (San Vicente) 32 Ourense 21 Castrelo do Val 2 Castrelo (Santa María) 32 Ourense 32 Xinzo de Limia 1 Monte Boian (San Pedro de Laroá e Damil) 32 Ourense 32 Xinzo de Limia 2 Cima de Ribeira 32 Ourense 47 A Merca 1 Pereira de Montes 32 Ourense 47 A Merca 2 A Merca (capitalidade-Parroquia) 32 Ourense 48 A Mezquita 1 Manzalvos (Santa María) 32 Ourense 48 A Mezquita 2 Cadavos (Santa María) 32 Ourense 62 Porqueira 1 Porqueira 32 Ourense 68 Ramirás 1 Paizás 32 Ourense 78 Sarreaus 1 Nocelo 32 Ourense 82 Trasmiras 1 Abavidos 32 Ourense 82 Trasmiras 2 Escornabois 32 Ourense 82 Trasmiras 3 Lobaces 32 Ourense 82 Trasmiras 4 Trasmiras 32 Ourense 82 Trasmiras 5 Vilaseca 32 Ourense 82 Trasmiras 6 Viladerei 32 Ourense 82 Trasmiras 7 Zos 36 Pontevedra 6 Cambados 1 Oubiña 36 Pontevedra 12 Cotobade 1 Viascón 36 Pontevedra 15 Cuntis 1 Piñeiro-Estacas (sector 1) 36 Pontevedra 15 Cuntis 2 Piñeiro-Estacas (sector 3) 36 Pontevedra 17 A Estrada 4 Frades 36 Pontevedra 17 A Estrada 8 Vea (San Andrés) 36 Pontevedra 17 A Estrada 9 Tabeirós 36 Pontevedra 17 A Estrada 12 Vinseiro (Sta. Cristina) 36 Pontevedra 17 A Estrada 13 Monte Pardemarín-Lamas-Olives 36 Pontevedra 20 Agolada 1 Carmoega 36 Pontevedra 20 Agolada 3 Monte Merlín 36 Pontevedra 24 Lalín 1 Senín 36 Pontevedra 24 Lalín 2 Monte Campelo 36 Pontevedra 24 Lalín 3 Méixome 36 Pontevedra 24 Lalín 4 Monte Roxidoiro 36 Pontevedra 24 Lalín 5 Santiso 36 Pontevedra 52 Silleda 2 Taboada-Vilar 36 Pontevedra 52 Silleda 3 O Castro-Ponte 36 Pontevedra 59 Vila de Cruces 1 Bodaño 36 Pontevedra 59 Vila de Cruces 2 Larazo 36 Pontevedra 59 Vila de Cruces 3 Losón 36 Pontevedra 59 Vila de Cruces 4 Bascuas 36 Pontevedra 59 Vila de Cruces 5 Brandariz-Obra (sector obra)
2008