Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

Por providencia da alcaldía do día de hoxe, aprobouse definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación urbanística número tres de Laracha.

A dita resolución pon fin á vía administrativa; en contra dela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Ofi

cial de Galicia, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente. De interpoñelo, advírtese que o artigo 110.3º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado.

Laracha, 18 de febreiro de 1998.

José Manuel López Varela

Primeiro tenente de alcalde