Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: Fuso M. Amboage, tramo-2/urb.Oza I-r/Sobrado.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 546 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3x240 mm Al de 12/20 kV, que parte do C.T. Urb. Oza I, pasa C.T. Ronda de Outeiro (Xove) e final no C.T. r/Sobrado (Plaza Cubela) L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 546 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3x240 mm Al de 12/20 kV, que parte do C.T. Avda. dos Caídos e final no C.T. río Monelos. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 13 de febreiro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña