Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/13-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. San Caetano-polígono do Tambre.

Situación: Santiago.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV nomeada Salgueiriños-Cernadas Polígono do Tambre, que parte do C.T.C. Salgueiriños-Cernadas, pasando por C.TC. Agriña, C.T.C. Magán, C.T. Cemiterio de Boisaca e C.R. polígono do Tambre e final en liñas do polígono do Tambre expediente 51849 e L.M.T. Santiago-Ordes expediente 29214 de 4.175 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3x240 mm Al de 12/20 kV. Reforma-acoplamento L.M.T. aérea Santiago-Ordes, con L.M.T. polígono do Tambre de 80 m de lonxitude a 20 kV en conductor L.A.-110, nas inmediacións da nave Espina Delfín (polígono do Tambre). Reforma C.T. Magán, C.T. Cemiterio de Boisaca e construcción, centro de reflexión de Boisaca. Concello de Santiago.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 12 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña