Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 1998 Páx. 2.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/10-1).

Visto o expediente para otorogamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificación 1 L.M.T., C.T. e R.B.T. Praia de Barrañán.

Situación: municipio de Arteixo.

Descricións técnicas: modificación de liña eletrica que alimenta o C.T. Praia de Barrañán (expediente 30498) consistente en: cambio de liña eléctrica subterránea a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 480 m, entroncando en instalación existente e final no C.T. a instalar. Centro de transformación intemperie, de 160 kVA e tensións de 0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión subterránea de 105 m. Municipio de Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 12 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña