Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de febreiro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Feli II.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, procla

mando a nova titularidade da concesión e establemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Feli II.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 16 Cambados E.

Data da concesión: 7-9-1970.

Data do remate da última prórroga: 13-8-2000.

Anterior concesionario: Paz Pérez, José (35.332.839) e Galbán Lorenzo, Mª Carmen (35.400.545).

Novo titular concesión: Guimer Arousa, S.L. (B-36.283.042).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 9 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra