Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de febreiro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea F.A. IV.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión establemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: F.A. IV.

Cultivo: vieira, ostra plana e zamburiña.

Localización: cuadrícula nº 182 Cambados G.

Data da concesión: 29-2-1964.

Data do remate da última prórroga: 30-3-2004.

Anterior concesionario: Trigo Parada, Carmen (35.425.984) e Alfonso Cordal, José (35.398.353).

Novo titular concesión: Vázquez Portas, Vicente-Manuel (35.457.730) e Pintos Señoráns, Sandra (35.459.611).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 9 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra