Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de conxeración de enerxía eléctrica á empresa Cerámica Xunqueira, S.A. no concello de Xunqueira de Espanedo (Ourense), e se inclúe no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994. (Expediente 97/3-3 A.T.).

Visto o escrito e a documentación presentado pola empresa Cerámica Xunqueira, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en Veigachá, s/n, 32708 Xunqueira de Espadanedo, Ourense, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 12 de agosto de 1997 a citada empresa, titular dunha planta de fabricación de materiais cerámicos para construcción, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa planta do concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense). Acompaña a dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e o resto da documentación á que fai referencia, o artigo 5.4º do citado Real decreto 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración son as seguintes:

-Tres motores de 1.580 kW c/u, utilizando como combustible gasóleo.

-Tres xeradores de 1.666 kVA c/u, tensión de xeración 6 kV, cos º = 0,9, potencia en bornas 1.500 kW c/u.

-Centro de transformación 20/6 kV, con potencia de 5.000 kVA.

-Dous tanques de 25.000 litros de almacenamento de gasóleo.

-Instalacións complementarias de aproveitamento da calor, de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense dictou Resolución do 3 de setembro de 1997 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 13-10-1997 e no BOP de Ourense do 19-9-1997, sin que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Ourense.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1944, do 9 de decembro, aplicables a este expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado Real decreto 2366/1994.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º.-Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Cerámica Xunqueira, S.A., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

2º.-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica no Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria Comercio do

5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do Real decreto 2366/1994, e presenta-la documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria