Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 1998 Páx. 2.499

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada, a María Dolores Garza Gil (praza 32/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 21 de marzo de 1997 (BOE do 12 de abril) para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada, a prol de María Dolores Garza Gil, con documento nacional de identidade número 36.069.231, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Dolores Garza Gil profesora titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 20 de febreiro de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo