Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público número 2/1998, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación da prestación integral do servicio de manutención do persoal de garda do hospital xeral e hospital materno-infantil deste complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia de 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación da prestación integral do servicio de manutención do persoal de garda do hospital xeral e hospital materno-infantil do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

Orzamento máximo de licitación: 17.000.000 de ptas. (IVE incluído) en cómputo anual.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concuso público nº 2/1998 tramitado con carácter urxente.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: haberá que acreditala segundo o disposto no artigo 16, apartado c) da LCAP.

Solvencia técnica: haberá que acreditala segundo o disposto no artigo 19, apartado b) da LCAP.

Clasificación económica: non se require.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Criterios de adxudicación: características funcionais: 4 puntos: experiencia en servicios semellantes: 3 puntos; relación prezo/calidade: 3 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación do complexo hospitalario, rúa Ramón Puga nº 52 (edificio de administración, planta baixa) de Ourense, en días laborables, agás sábados, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o liciador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 19 de febreiro de 1998.

Belén Sánchez Rodríguez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense