Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Ourense, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Cabana, Souto e Pico.
Situación: Cervantes.
Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,024 km a de Cabana e 0,147 km
a de Río, sobre apoios de formigón e metálicos. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, cada un. Redes de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1 kV 3x25-50 e R.Z.-0,6/1 kV 2x2,5 Al, para mellora do servicio eléctrico en Cabana, Souto e Pico, concello de Cervantes.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 2 de febreiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo