Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.454

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de febreiro de 1998 pola que se establecen axudas periódicas de prevención e apoio a familias para a integración do menor.

Advertidos erros na Orde do 23 de febreiro de 1998, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 43, do mércores 4 de marzo de 1998, cómpre face-la seguinte corrección:

No artigo 12, onde di: «..., así como a obtención doutra con cargo a...» debe dicir: «..., así como a obtención doutra axuda polo mesmo concepto con cargo a...».