Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a subministración de papel de rexistro (C.P. 47/1998).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órga-

nos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de papel de rexistro.

Orzamento: 5.100.664 ptas.

Garantía provisional: 102.013 ptas.

Lote 1: papel Electrocar M-1709-A.

Orzamento: 1.058.976 ptas.

Garantía provisional: 21.180 ptas.

Lote 2: papel EEG 16C HMI 390-5.

Orzamento: 511.680 ptas.

Garantía provisional: 10.234 ptas.

Lote 3: papel Electroencef. 8C JC 210-5.

Orzamento: 222.000 ptas.

Garantía provisional: 4.440 ptas.

Lote 4: papel EEG 16C JC 418-5.

Orzamento: 354.624 ptas.

Garantía provisional: 7.092 ptas.

Lote 5: papel Z-Fold rexistro.

Orzamento: 384.000 ptas.

Garantía provisional: 7.680 ptas.

Lote 6: papel ECG M2483A Pagewriter 2001.

Orzamento: 1.275.264 ptas.

Garantía provisional: 25.505 ptas.

Lote 7: papel monitor partos.

Orzamento: 152.640 ptas.

Garantía provisional: 3.053 ptas.

Lote 8: papel gráfica Monitoriz. 1911A.

Orzamento: 164.160 ptas.

Garantía provisional: 3.283 ptas.

Lote 9: papel ECO. Termos.Videoprinter.

Orzamento: 769.320 ptas.

Garantía provisional: 15.386 ptas.

Lote 10: papel proba esforzo.

Orzamento: 208.000 ptas.

Garantía provisional: 4.160 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto (tramitación anticipada).

II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas, e se é o caso, a partir do día seguinte ó do asinamento do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitado no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación e proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobre prechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentacion de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 26 de febreiro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña