Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto e tramitación anticipada de expedientes de gasto, das asistencias técnicas consistentes na realización dunha enquisa de efectivos de gando bovino, e producción e destino do leite en xuño de 1998 e outra máis.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolveu convoca-la seguinte contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto:

Obxecto: contratación das asistencias técnicas que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso. O orzamento, fianza provisional, finaza definitiva, clasificiación e prazo de execución serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Estudios e Publicacións da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposocións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 8 de abril de 1998.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 16 de abril de 1998, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Realización dunha enquisa de efectivos de gando bovino, e producción e destino do leite, en xuño de 1998.

Orzamento: 3.410.000 ptas.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 136.400 ptas.

Prazo de execución: antes do 15 de xullo, segundo se sinala no apartado 3 do prego de prescricións técnicas.

Clasificación: non é necesaria.

2. Realización da enquisa de efectivos de gando porcino en abril, agosto e decembro de 1998.

Orzamento: 5.105.000 ptas.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 204.200 ptas.

Prazo de execución: o indicado no apartado 3 do prego de prescricións técnicas.

Clasificación: non é necesaria.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria