Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/23-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Mamede.

Situación: Viana do Bolo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor tipo LA-56, de 541 m de lonxitude, con orixe no apoio número 35 da L.M.T. dobre circuíto Bao-Viana e remata no C.T.A. de Fornelos de Cova, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de media tensión a 20 kV, en conductor tipo LA-56, de 301 m de lonxitude, con orixe no apoio número 1 da L.M.T. a C.T. de Fornelos de Cova e remata no C.T.A. de San Mamede, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liñas de baixa tensión aéreas de Fornelos de Cova e de San Mamede, en conductores tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense