Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Rebordondo.
Situación: Cualedro (Ourense).
Descricións técnicas: liña M.T. aérea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, en conductor LA-56, que deriva desde o apoio número 12 existente da L.M.T. a C.T., en caseta, de Rebordondo e remata no C.T. aéreo proxectado na mesma localidade, con 160 kVA R.D.T. 20.000/380-220 V e rede de baixa tensión.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 3 de febreiro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense