De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido en Estr. de Barra de Miño, 21-4º C, Ourense resolución do recurso de alzada número 0900/93, interposto por Severino Crespo Vázquez, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, do 16 de marzo de 1993, pola que e acordou denega-las axudas económicas solicitadas para a adquisición dunha vivenda de protección oficial privada; a súa parte dispositiva di: «Desestima-lo recurso de alzada número V-0900/93 interposto por Severino Crespo Vázquez contra a resolución do delegado provincial do IGVS en Ourense, do 16 de marzo de 1993, pola que se acordou denega-la concesión da subvención a Severino Crespo Vázquez; resolución que se confirma. Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa,
cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».
E para que conste e sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, 19 de febreiro de mil novecentos noventa e oito.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda