Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.401

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de marzo de 1998 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados e se convoca ós aspirantes para a realización do primeiro exercicio.

Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados, por Orde do 3 de novembro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 222 do 17 de novembro de 1997, de conformidade co establecido na base III.I de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-A composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo superior da Xunta de Galicia, escala de letrados, será o seguinte:

Titulares:

Presidente: Javier Suárez García, director xeral-xefe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Vocais:

Juan Carlos Trillo Alonso, maxistrado da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Fernanda, Lorenzo Merino, catedrático de dereito civil da Universidade de Vigo.

Luis Alfonso Casais Fernández en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Susana Loreta Benedetti Corzo, letrada da Asesoría Xurídica do Sergas na Coruña.

Suplentes:

Presidente: José Vicente Alvariño Alejandro, xefe do Gabinete de Asuntos Constitucionais e Defensa Xurisdiccional.

Vocais:

José María Arrojo Martínez, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Pablo Menéndez García, catedrático de dereito administrativo da Universidade de Vigo.

Francisco de Borja Centeno Márquez, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: José Carlos López Corral, asesor xurídico da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Segundo.-Pola presente orde anúnciase que o primeiro exercicio da oposición terá lugar a partir do día 25 de marzo ás 17 horas nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, convócanse para a súa realización, de conformidade coa base II.3.1, en primeiro lugar, os aspirantes admitidos para a quenda de promoción interna que a continuación se indican:

Martínez Lopez, Jesús. DNI: 33.302.197.

Mosquera Docampo, Luis Javier. DNI: 34.932.108.

Piñón Cimadevila, Fco. Javier. DNI: 35.248.212.

Pita Ponte, José María. DNI: 33.270.173.

Rey Stolle Valcarce, Antonio Isidro. DNI: 34.968.056.

Álvarez López, Javier. DNI: 33.313.351.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública