Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.375

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por Resolución do 29 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Transportes (DOG número 252, do 31 de decembro), pola que se establece o calendario e horario das probas e se anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-De conformidade coa base quinta punto 2 da Resolución do 29 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Transportes (DOG nº 252, do 31 de decembro de 1997), establécese o calendario e horario das probas do seguinte xeito:

Día 9 de maio de 1998.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías: 9 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra A, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por Ca, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías: 10 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra A, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por Ca, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías: 12 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra Ce, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por Fe, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías: 13 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra Ce, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por Fe, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías: 17 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra Fi, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por J, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías: 18 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra Fi, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por J, ambos inclusive.

Día 16 de maio de 1998.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías: 9 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra K, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por O, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías: 10 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra K, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por O, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías: 12 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra P, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por R, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías: 13 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra P, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por R, ambos inclusive.

-Común interior e internacional de viaxeiros e mercadorías: 17 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra S, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por Z, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de mercadorías: 18 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra S, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por Z, ambos inclusive. Día 23 de maio de 1998.

-Axencias de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor: 9 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra A, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por L, ambos inclusive.

11 horas para os aspirantes cun primeiro apelido que comece pola letra M, ata aqueles cun primeiro apelido que comece por Z, ambos inclusive.

-Específico interior e internacional de viaxeiros: 13 horas tódolos aspirantes.

Segundo.-Anúnciase a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, a partir do 16 de marzo, de conformidade coa base cuarta punto 4 da resolución da convocatoria, nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal