Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión con data do 12 de febreiro de 1998, acordou someter a información pública o avance do plan xeral de ordenación municipal do Concello de Soutomaior polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, de acordo co previsto no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. Durante o devandito prazo as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Soutomaior, 25 de febreiro de 1998.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde