Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

Polo presente anuncio ponse en coñecemento de tódolos interesados que, a Comisión de Goberno deste concello con data do 13 de febreiro de 1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle do paseo marítimo de Coira, en Portosín.

O que se participa para que, no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, poida examinarse o expediente incoado na secretaría deste concello, das 9 ás 14 horas, para a presentación das alegacións que procedan.

Porto do Son, 17 de febreiro de 1998.

Ramón Quintáns Vila

Alcalde