Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 3 de febreiro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionadas no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29-6-1997), e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992), ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións envidadas no seu día, requírese ós abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña, para teren coñecemento das devanditas resolucións, advertíndolles, que, de non facelo así, teranse por notificados cos efectos que correspondan.

A Coruña, 3 de febreiro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña